Achégovos a convidación ao acto de clausura das actividades deportivas do curso 2006-07. Solicítovos que deades a maior difusión posible entre os vosos compañeiros e integrantes de equipo. Para poder asistir tedes que pasar a recoller a convidación polas oficinas da Área de Deportes do campus de Elviña. O acto terá lugar o vindeiro martes día 12 de xuño as 20:00 horas no paraninfo da reitoría e despois haberá un viño de honra na cafetería.
Esperamos que o desenrolo das actividades deste curso fora do voso agrado e seguiremos traballando para poder mellorar no posible. A vosa participación nas actividades é o que nos axuda a mellorar, por iso queremos contar coa vosa presencia e así saudarnos e despedirnos ata o curso que ven.
Un afectuoso saúdo.
Yago Arango Fernández
Área de Deportes
Universidade da Coruña
Tlfno.981167000 Ext.1913
Área de Deportes
Universidade da Coruña
Tlfno.981167000 Ext.1913
4 comentarios:
viño de honra? Que carallo é un viño de honra? Pode ser o que o reitor quera, catro cartons de "El tio de la bota" e uns vasos de plastico.
Pinchos hostia!!! que coño es eso de un "viño de honra"!
no se yo, pero esto me huele a hipergaleguismo o hiperenxebrismo. alguien se acuerda de escoitofono, zoa....
si meilán levantase la cabeza...
¿¿¿¿¿convidacion?????
¿¿¿¿¿combinacion?????
Publicar un comentario